ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un obradoiro de construción de máscaras de xunco e vimbio impartirase este domingo en Redes (Ares). Luisa da Silva impartirá a xornada que se prolongará entre as 11 da mañá e as cinco e media da tarde. Organiza Son Radiofusión coa colaboración da Agrupación Instructiva de Caamouco. As persoas que desexen participar deben enviar unha mensaxe ao correo sonradiofusion@gmail.com
Luisa da Silva leva anos traballando o xunco e o vimbio. Tamén utiliza a corda, agulla de piñeiro e a palla de centeo para a elaboración de bolsos, cestos e sombreiros. A cestería é un arte ancestral e ten que perdurar no tempo, segundo a artesá. Obradoiro de traballo co vimbio, este domingo en Caamouco. Prazas limitadas.
Na imaxe Luisa da Silva coas súas creacións. Feira de Artesanía de Fene. 2022.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora