ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Facilitar o acceso ao mercado laboral coa oferta de formación é unha liña estratéxica para o Concello de Fene apunta o concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Polo. Informou, no espazo As Foxas, da marcha das obras que executa o Concello. Falou, tamén, de Orzamentos, dos que elabora o Goberno local e dos presentados pola Xunta.
“Unha maneira de meterse no mercado laboral, con formación en áreas de alta empregabilidade, para nós é moi importante”, destacou o concelleiro Manuel Polo sobre o obradoiro Inicia VIII. Dezaseis mozos e mozas comezaron esta semana en Fene a aprendizaxe na fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial.
Obras
No calendario de obras, en San Valentín “xa se entregou a área recreativa, o importante desa primeira fase era a drenaxe que xa se acreditou e permitirá gañar terreo para a veciñanza”. Está en marcha a reurbanización da rúa Antonia Montero, agardando neste momento a que a compañía eléctrica faga a soterración da liña. Naturgy tamén está facendo obras, soterrando liñas, na zona de Perlío, o que permitirá eliminar un poste entre as vivendas de Astano e Aguilar. O Concello, traballa, ademais, no segundo tramo de entubado das cunetas no Campanario e segue en marcha a actuación en Castro e Beiramar, co cambio de servizos de auga e saneamento e inclúe o aglomerado na zona do campo dos Pinares.
Presupostos
“Optimizar o máis posible e facer un plan de obras que atenda necesidades importantes”. Son propósitos cos que o Goberno local está a traballar nos Orzamentos do Concello de Fene para o ano que vén, destacou Manuel Polo. Do proxecto de Presupostos da Xunta, criticou que “son Orzamentos máis propagandístico que outra cousa, a maioría de investimento é gasto fixo, manter o que hai e as veces nin sequera, como as pingueiras do IES de Fene”, sinala o concelleiro. “Faltan ideas e hai un problema moi grave de financiación”, conclúe.
Publica o teu comentario agora