Traballo por facer

Traballo por facer
28 de Outubro, 2025 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Hai moito que mellorar, temos que ser máis efectivos adiante”, recoñece o adestrador do Maniños feminino, Xurxo Rodríguez. Na Segunda División Galega o Maniños recibiu no Pote ao Muxía, que o domingo demostrou por que vai segundo na táboa. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Avultado pero xusto, non nos saíu nada do que tiñamos planificado”, resume o partido o míster do Maniños. “Eran moi superiores a nós, xogamos como puidemos, hai que ser positivos, queda moito traballo por facer pero estamos no bo camiño”, apunta a xogadora Cloe Allegue que se incorporou esta tempada ao equipo do Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora