Traballo psicolóxico

Traballo psicolóxico
23 de Outubro, 2023 - 11:02 h. | Publicada por Radio Fene

O traballo psicolóxico é fundamental nesta peculiar pre-tempada para o Maniños B. “Non pode ser que os xogadores se veñan abaixo ao recibir goles en contra” reflexiona Alvaro Dopico “Chiqui”: “Recibimos moitos goles en xogadas a balón parado, polo que temos que esforzarnos para preparar a defensa nesas circunstancias”.

ESCOITA O PODCAST:

Fala o adestrador do Maniños B Alvaro Dopico "Chiqui":

http://173.255.131.18/audio/231023DOPICO.mp3

Fotografía Xan Xe

O Maniños B aguantou ben a primeira parte no campo dos Prados Vellos en Ares e incluso se adiantou no marcador. Pero ao remate o partido converteuse nun “tiroteo”. Numancia 8 - 1 Maniños B.

 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora