Traballos de prevención

Traballos de prevención
31 de Outubro, 2024 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

Limpeza do río Cádavo. Continuarán durante o próximo mes os traballos que está a levar a cabo o Concello de acondicionamento da canle do río Cádavo para minimizar os efectos das subas de caudal, diminuíndo así os riscos de asolagamento, explicou en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez.

ESCOITA O PODCAST:

Sacar lodos e retirar pólas do cauce do río Cádavo. Uns traballos que se realízanse desde a semana pasada no tramo urbano do río e está previsto que se prolonguen ata primeiros do mes de decembro.  A Concellería de Medio Ambiente tamén ten en marcha os traballos de poda de árbores que deron comezo pola zona de Perlío e van ao ritmo previsto. Logo de traballar en Marqués de Figueroa continuarán por Naturais de Fene. 

Ademais, a responsable municipal de Medio Ambiente informou de que os servizos técnicos fixeron novas medicións das zonas de praia existentes no Concello coa finalidade de conseguir unha maior subvención económica para limpeza de praias para a temporada de verán de 2025. E na ribeira de Maniños medio cento de escolares do colexio Os Casais acompañados de cinco profesores realizaron este luns labores de limpeza dentro da campaña promovida por Adega. O Concello colaborou na iniciativa facilitándolles medios para levar a cabo eses traballos.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora