A tradición cultural toma A Capela da man de ETNOeume

A tradición cultural toma A Capela da man de ETNOeume

18 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Museo Etnográfico da Capela contén durante todo o ano unha escolma da memoria e coñecemento tradicional da comarca do Eume a disposición dos que o queiran visitar. Mais esta fin de semana, é o acervo desas terras o que sae ao encontro da xente coa celebración da segunda edición do encontro ETNOeume. O domingo 18 celébrase a feira etnográfica que, ademais de divulgar o traballo do Museo da Capela, servirá para exaltar as tradición

As actividades de ETNOeume botarán a andar ás 11 da mañá e concluirán contra as 20 horas do serán. Durante todo o día haberá feira, mercado de artesanía e antigüidades, exposicións, visitas guidas ao Museo, rutas ecoetnográficas,etc. Amenizarase a feira con actividades como pasarrúas, recreación e demostracións de oficios tradicionais (ferreiro, torneiro, tecelá, afiador, serranchíns), e música (Ce Orquestra Pantasma, cantareiras, gaiteiros, cantares de cego). Ás seis da tarde desenvolverase unha malla tradicional.

Ademais, o evento servirá de marco para a entrega dos Premios de Investigación Ferro Caaveiro que convoca anualmente o Museo Etnográfico da Capela.

Cultura