ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os cantos de Reis foron parte dunha tradición moi fermosa e alegre na antiga Galicia rural. Cantos de reis que eran pezas cheas de simbolismo. A noite do cinco de xaneiro, rapaces e rapazas ian cantar os reis.Coas panxoliñas, os nadais, aguinaldos e cantos de reis, Galicia é un dos paises máis ricos de Europa no que a música natalicia se refire. As letras dos cantos de reis dan a boa nova do nacemento de Xesús e a adoración dos Reis Magos.

As sociedades agrarias necesitaban marcar un tempo de esperanza entre o remate dun ciclo solar e o inicio do novo. O sol está en declive e desde o ano novo comeza a medrar. En xaneiro empezábanse a labrar os cereais e fecundábase a terra. Os cantos de reis eran executados por unha cuadrilla formada por un gaiteiro e dous ou máis compoñentes a cada lado que van interpretando alternativamente as estrofas. Recoller o aguinaldo era o principal obxectivo desta actividade.
Os tres reis magos van para Belén,
quitaron os zocos para correr ben,
Lupe da caveira failles o café
Esperanza de Macario peneira de pé.
(Canto de reis do grupò Os Cempés)
Imaxe da Cabalgata de Reis de Fene 2026
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora