Tradición e música para Noite da Lúa Meiga

Tradición e música para Noite da Lúa Meiga

26 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Redondela celebra esta fin de semana a décima edición da Noite da Lúa Meiga. Un evento de unión de tradición e cultura, representada nun enclave especialmente seleccionado para esta cita, o Monte Outeiro Grande, no Viso. O festival comezará na noitiña de mañá sábado cun concerto no que tomarán parte algunha das bandas máis festeiras da música tradicional da nosa terra. O domingo haberá máis mú

A X Noite da Lúa Meiga dará comezo ás dez e media da noite do sábado coas actuacións das bandas Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira e a espectacular intervención de Brisas de Tomiño.

O domingo ás doce e media do mediodía terá lugar a Subida de Meighachimpíns, con saída desde o Cruceiro de Baltar. A sesión vermú estará amenizada polos grupos de gaitas Airiños de San Simón, Aluarado e Airiños da Peneda e, ao rematar, celebrarase unha comida popular para todos os asistentes.

Xa pola tarde, será a quenda dos xogos populares e, a partir das cinco, dos obradoiros para os máis pequenos. A música e o baile correrán a cargo do grupo de baile e pandeireiras Anaquiños e Tirapuxa.

Co obxectivo de que todos os que o desexen se poidan achegar ao Monte Outeiro Grande sen problemas de aparcamento este ano seguirase potenciando o transporte público e a accesibilidade coa posta en servizo de dous microbuses que realizarán dúas rutas circulares pola parroquia.

Cultura