Tradición ebanista no castelo de Moeche

Tradición ebanista no castelo de Moeche
09 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O castelo de Moeche acolle a exposición do ebanista local José Fernández Hermida formada por pezas de gran beleza que representan elementos do patrimonio.

Fotografía:Ramón Carballeira

“A nosa tradición na madeira” é o titulo da mostra representativa do traballo de José Fernández Hermida que se pode visitar no castelo de Moeche. Son pezas de gran beleza torneadas, talladas e montadas coa finalidade de representar elementos do patrimonio de dentro e fóra do municipio, como é o caso da reprodución do propio castelo ou a réplica a escala da Torre de Hércules. Fernández, veciño de San Xoán, recrea deste xeito a maquinaria da malla, unha carrilana, unha bicicleta, un carro do país ou unha máquina de fiar combinando nalgúns casos o uso da madeira coa pedra de Moeche ou "toelo". Pedra e madeira, a arte da cantaría e da ebanistería, pasado e presente forman parte desta exposición aberta ao público ata o 31 de xullo en horario de apertura do castelo.

Cultura

Publica o teu comentario agora