ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A tradición oral reconvertida en libro tras pasar por unha factoria de soños. Contos escoitados nos camiños, nas lareiras ou nas tabernas levados ao papel por un home que fai teatro no Aturuxo de Melpómene e que participa activamente no colectivo A Piruchela de Neda e na Asociación Veciñal de Cabreiros en Xermade. Memorias dun porco teixo de Xose Manuel Felpeto consta de 19 relatos sobre situacións que calquera persoa lectora pode recoñecer coma propias. Trata das persoas en xeral coas súas miserias, coas ausencias. cos medos ou coas iniquidades que o mundo ofrece para vivir sen derrubarse.

O mestre Benigno Vazquez Braña que vive agora en Cospeito, chegou en 1967 a escola de Cabreiros en Xermade e introduciu no mundo da leitura a Xose Manuel Felpeto. Acababa de sair da carreira e tiña moitas gañas de interactuar co alumnado. Alí naceu un lector que logo se transformou nun escritor. A inspiración concreta das Memorias dun porco teixo veu das conversas coa xente maior. As anécdotas que lle contaron están na base do libro.
A literatura oral mantense como piar fundamental da identidade galega, transformando a tradición transmitida polas persoas maiores en literatura escrita. As Memorias do porco teixo son froito dun traballo de campo baseado na escoita activa e o contacto directo coa veciñanza. Recolle contos e anécdotas ao calor da lareira ou na taberna para homenaxear a sabedoría popular. Leandro Lamas ilustrou a capa e a contracapa do libro. Coñeceronse a través do teatro. Ao velo xa se decatou que era moi boa persoa, "e ademáis é moi pagador" comenta con retranca o deseñador.
Felpeto destaca a súa admiración pola xente maior, descrita como a verdadeira garda do legado cultural e a fonte de coñecemento que inspira a narrativa actual. O libro “Memorias dun porco teixo” busca poñer en valor as experiencias xeracionais que seguen a construír a identidade do país.
Publica o teu comentario agora