A transferencia da autoestrada

A transferencia da autoestrada
03 de Marzo, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene reúnese mañá xoves dia 4 no pleno ordinario de marzo no que se aprobará o manifesto institucional do Dia da Muller. A sesión volverá a ser presencial unha vez que melloraron os datos da pandemia.

ESCOITA O PODCAST:

A corporación de Fene volve reunirse mañá nun pleno presencial cunha extensa orde do dia de ata 16 asuntos, a maioría de carácter económico. Dúas mocións, de PP e BNG demandarán a transferencia da AP9, aprobarase o manifesto Institucional do 8 de Marzo e comparecerá a concelleira Ánxeles Coira, a petición do grupo popular.

O pleno de carácter ordinario debe aprobar a liquidación do ano 2020, así como a execución presupostaria do último trimestre dese ano. Quizás o máis interesante, en palabras do concelleiro de Facenda, Manuel Polo, é que Fene logróu reducir o periodo de pago a proveedores a 9 días no último trimestre e iso que se partía de 62 días no periodo anterior. Destaca Manuel Polo das contas, que Fene mantén un superavit de 1.700.000€. O pleno fenés debe ratificar o convenio de colaboración para a xestión do punto limpo de Vilar do Colo, entre os concellos de Ares, Cabanas e Fene. “Un pesadelo” para o edil nacionalista que ve como cada vez que está listo o convenio, alguén se bota atrás. Antes fora Neda e agora Mugardos, daí que houbera que redactar o convenio de novo.

Dúas mocións asinadas polo PP e BNG demandan a transferencia da AP9 e o pleno debe dar o visto e prace ao Manifesto institucional do 8 de Marzo, Dia da Muller. Quizás o máis extraordinario deste pleno sexa a comparecencia da concelleira do BNG, Ánxeles Coira, a petición do grupo municipal do PP. Para Manuel Polo, non ten moito sentido esa petición porque a edil nacionalista traballa para o concello de Ares como docente, nun curso de varios municipaios, cun contrato temporal e parcial, compatible co desempeño do seu cometido político. Comenta Manuel Polo que “ao PP subéuselle o nivel ético”. O pleno rematará con rogos e preguntas da oposición. O pleno de Fene celébrase, de forma presencial, o xoves 4 de marzo ás seis da tarde.

Institucional

Publica o teu comentario agora