A transición democrática comezou en Ferrol en marzo do 72

A transición democrática comezou en Ferrol en marzo do 72

09 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol deposita unha ofrenda floral institucional ás 11 da mañá diante do Monumento ao 10 de marzo. As 12 da mañá no mesmo lugar realiza tamén a súa ofrenda a Confederación Intersindical Galega. Xa pola tarde duas manifestacións percorrerán as rúas céntricas de Ferrol. Comisións Obreiras sairá ás 7 da tarde do Inferniño facendo fincapé na defensa do emprego e na reclam

 

O 10 de marzo de 1972 comezou a transición democrática en Ferrol. Os graves sucesos acaecidos na avenida das Pias provocaron a morte de dous traballadores de Bazan Amador Rey e Daniel Niebla. Supuxeron a denuncia diante do mundo enteiro da irracionalidade do réxime de Franco. Tamén en Galicia, a xente perdeu o medo a manifestar a súa oposición á dictadura. Segundo José Gómez Alén, autor do libro “As Comisións Obreiras de Galicia”, “o fortalecemento orgánico das CCOO e a ampla presencia nos xurados que conseguiran nas eleccións de 1971, permitiulles reiniciar con máis forza a loita pola mellora das condicións de traballo”. Nese volume indícase que o “10 de marzo, unha manifestación pacífica de máis de 4.000 obreiros que atoparan pechadas as portas da factoría, diríxiase cara á cidade na busca da solidariedade doutras empresas e para explicar o que estaba a pasar. Ao eles chegaren á ponte das Pias foron detidos por unha compañía da Policia Armada e produciuse un terrible enfrontamento. Os traballadores responderon con violencia ao ataque da forza policial, que ao cabo se retirou deixando tras sí, os dous mortos, e máis de corenta feridos de bala, entre os que estaba Julio Aneiros, en estado gravísimo segundo o parte médico”.

Sociedade