ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A veciña de San Sadurniño Sonia Corral Franco gañou o IX Concurso de microrrelatos de Puntogal e a Real Academia Galega na categoría de persoas adultas. Tivemos ocasión de felicitala en Radio Fene.

Acaba de gañar Sonia Corral un novo premio coa historia que titulou Trapos sucios. Trata dunha persoa que tende a roupa no patio de luces pero a historia vai máis aló. Con menos de 200 palabras a autora Sonia Corral Franco usa o suspense para facer unha crónica social na que mestura o xénero negro. Vén de gañar o Noveno Concurso de microrrelatos de Puntogal e a Real Academia Galega na categoría de persoas adultas. Ao certame presentáronse 850 relatos breves, non máis de 200 palabras, nas distintas categorías. Os membros do xurado destacaron a calidade dos contos presentados, o coidado estilístico e o xiro sorprendente no momento final. De Sonia, que naceu nas Pontes pero reside en San Sadurniño, destacan tamén que se move moi ben no suspense. Unha gran lectora, Sonia comezou escribir animada pola familia nun momento complicado por motivos de saúde. E foi un bo consello, visto o gran número de premios que leva conseguidos coas súas historias.
Publica o teu comentario agora