ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un ano máis Allariz celebra a Festa do Boi ao longo de nove días intensos de música, teatro, carreiras de boi, comidas, pero sobre todo de goce dos veciños e veciñas, e dos visitantes que acudan ao Concello entre o 18 e o 26 de xuño.
Ao longo de nove días Allariz transfórmase para voltar ao 1317 cando o Xan de Arzúa se subiu a lombo dun boi polas rúas do Casco Histórico de Allariz, ambientación de rúas, procesións gremiais, carreiras do boi (auténtico protagonista da Festa), xunto co pobo de Allariz e as súas xentes.
A festa albergará diferentes actividades como obradoiros, roteiros e aprendizaxe das danzas gremiais. Na presentación pública José Luis Quintana – presidente da Asociación Xan de Arzúa, encargada de organizar a Festa – e o Alcalde de Allariz, Francisco García, destacaron a importancia da participación veciñal no evento, tanto dos colaboradores/as distribuídos en diferentes comisións que se encargan de que todo funcione de xeito óptimo, como dos veciños e veciñas de Allariz que contribúen co seu donativo para sufragar tódolos gastos. O orzamento para o desenvolvemento da Festa nesta edición 2011 supera os 70.000€.
Unha das novidades deste ano e a inclusión dentro da programa Festiboi, unha actividade musical desenvolvida por mozos/a, cativos e maiores. Outra da novidades é a procedencia dos animais, os bois este ano veñen da Serra do Courel.
A Asociación Cultural Xan de Arzúa agradece a colaboración dos patrocinadores, do Concello de Allariz, e de tódolos colaboradores que fan posible o desenvolvemento da Festa.