Trastornos alimentarios, máis vale previr

Trastornos alimentarios, máis vale previr
26 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A conduta alimentaria na infancia e a prevención de trastornos asociados. É o tema previsto para a última sesión do ciclo Acompañar no Reto de Educar, segundo anunciou a pedagoga municipal de Fene, María Xosé Paz.

ESCOITA O PODCAST:

“Un tema que non queríamos rematar o ciclo sen tocar porque hai demanda da comunidade educativa”, sinalou a profesional da área de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene.  A incidencia dos problemas relacionados coa alimentación dáse agora a idades máis temperás. “Xa non se espera á etapa da adolescencia, aparecen na etapa máis infantil, a partir de 10-11 anos”. Afecta tanto a mozas como a mozos. Debido a un cúmulo de circunstancias, entre elas o impacto das redes sociais, opina a pedagoga municipal María Xosé Paz. Luns, día 27, ás seis da tarde na Casa da Cultura de Fene. A sesión estará coordinada pola psicóloga clínica Yésica Bouza Sanmartín 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora