Tratar ben a todo o mundo

Tratar ben a todo o mundo
23 de Novembro, 2021 - 10:49 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos consumidores non teñen claro cando é exactamente, pero saben que está cerca. O Black Friday teoricamente é o venres 26, pero o pequeno comercio de Fene xa se adiantou e desde este luns organizan a semana do Black Friday. Ofrecen descontos especiais en produtos seleccionados. O lema é Merca en Fene, todo queda na casa. 

ESCOITA O PODCAST:
Ainhoa Sánchez, de Zapatería Sanros

En Zapatería San Ros os descontos van do 10 ata o 40% segundo nos relataba Ainhoa Sánchez. No establecemento da avenida Naturais de Fene notan máis afluencia de xente tanto nos outlet como no Black Friday. En Zapatería San Ros queren tratar ben a todo o mundo pero ao mesmo tempo premian a fidelidade. 
Moda importada
É unha moda importada de Estados Unidos, xa que o venres negro naceu para inaugurar a campaña do Nadal con significativas rebaixas en moitas tendas minoristas e grandes almacenes. Para o pequeno comercio, é un arma de dobre filo. Ninguén pode quedarse fora e as vendas son boas, pero os descontos e as reducidas marxes fan que a rendibilidade sexa mínima. Din os expertos que o pequeno comercio debe explotar as súas vantaxes fronte ao xigante Amazon. Trato personalizado, facer agradábel a experiencia de compra e pequenos detalles que premien á clientela. O pequeno comercio aporta vida e seguridade ás rúas, crea riqueza ao contribuír cos seus impostos na localidade. Todos temos a chave do comercio de proximidade. De nós depende que siga aberto.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora