Traxedias houbo

Traxedias houbo
10 de Novembro, 2022 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

Memorias da guerra civil e da represión na nosa terra son poesía na voz de Matilde Castro. O seu poemario “Polos fíos da memoria” preséntase este venres en San Sadurniño. A autora escribiu partindo das lembranzas recollidas da súa nai, nun tempo no que se viviron moitas traxedias. “Caben esas e poderíanse meter máis traxedias no libro, seguro. Traxedias houbo. Esas foron as que me contou miña nai”. 

Fotografía Xan Xe

“Tiña claro que pagaba a pena preguntar e saber de que ía todo o que pasou”, explicou a Radio Fene a autora do volume que saíu do traballo feito no obradoiro de escrita no que participou en Fene. “Polos fíos da memoria”, preséntase en San Sadurniño este venres, 11 de novembro. Ás sete e media da tarde, na Galería da Casa do Concello. Acompañará á autora outra escritora, Mariola Hermida, tamén poeta e con raíces en San Sadurniño, quen publicou recentemente a obra "Onde nacen os pexegueiros".

 

Na imaxe, Matilde Castro nos estudios de Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora