ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cales son as claves para crear un negocio sostible e ecolóxico? A esa pregunta intentaron responder os profesores da Universidade no coloquio celebrado en Foz. Apuntaron a necesidade de buscar enerxias renovabeis, incidiron na importancia da formación na redución e aproveitamento dos residuos.

Participaron Paula Fernández Moure, bióloga ambiental no Centro Asociado da UNED de Lugo, especializada na conservación da biodiversidade terrestre, xestión dos ecosistemas e a fauna salvaxe. Coordina o proxecto LugoNaturalMente que a UNED de Lugo ten en funcionamento dende o ano 2018.
Tamén interveu a profesora de Análise Xeográfica Rexional do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, Lucrezia Lopez, directora do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente falou José Pablo Abeal profesor na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, vicedecano de Prácticas e Empregabilidade na Facultade de Economía e Empresa da UDC, especializado en análise de estados financeiros, turismo e sustentabilidade.
O coloquio desenvolveuse no Centro de Interpretación da Mariña o venres 4 de xullo de 2025 contando coa colaboración de Radio Foz e do Concello de Foz. Tamén interviron o alcalde Fran Cajoto e o concelleiro da Axenda 2030 Carlos García. A iniciativa forma parte do programa Onda Ods, o futuro é teu, impulsado por Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucia, RTV Cardedeu La Xarxa e a Red de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Publica o teu comentario agora