ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tres persoas, unha delas un menor, faleceron e outras dúas resultaron feridas, nun accidente de circulación ocorrido este domingo na localidade coruñesa das Pontes.Segundo informou o Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 14.30 horas deste domingo na estrada que une As Pontes con Ortigueira: Chocaron frontalmente dous vehículos minutos despois da caida dunhas fortes precipitacións en forma de saraibas.
Até o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, unha ambulancia medicalizada e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada das Pontes. Como resultado do accidente faleceron un home, unha muller e un menor.
Así mesmo, resultaron feridos dous homes, de 37 e 35 anos, que foron trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.