Tres medallas para Xandra

Tres medallas para Xandra
07 de Marzo, 2023 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

Unha deportista de Fene, Xandra Martínez Permuy, fixo triplete no Campionato Galego de Inverno de natación artística disputado esta fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense

ESCOITA O PODCAST:

Na fotografía: Xandra Martínez coa súa adestradora Ainhoa Lechuga

Xandra, nada en Fene, adestra esta disciplina no Club Sincro Ferrol, o único da comarca que compite a nivel autonómico e nacional. Na tarde do sábado acadou a medalla de bronce no dúo júnior, tanto no técnico coma no libre, xunto á súa compañeira Telma Del Río Pita. Na mañá do domingo, no só júnior, tanto o técnico coma o libre, Xandra, obtivo a medalla de bronce, quedando a tan só oito puntos do segundo posto. Como broche de ouro, xunto ao equipo acrobático júnior tamén obtivo o bronce. A isto engadir o éxito do club Sincro Ferrol que quedou de terceiro na clasificacións por clubs. Estes resultados son o premio a moitos anos de traballo, esforzo, compromiso e dedicación, e  un grande mérito, tendo en conta que adestrou catro meses en piscinas que non teñen profundidade xa que a de Caranza estivo pechada.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora