Tres novos deputados no Parlamento galego

Tres novos deputados no Parlamento galego

12 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de tres novos deputados do PPdeG: Gonzalo Trenor López (que substitúe a Beatriz Mato), José Francisco Santos Regueiro (que substitúe a Rosa Quintana) e Javier Dorado Soto (que substitúe a Elena Muñoz). Os dous primeiros son deputados pola circunscrición da Coruña, mentres que o terceiro o é pola de Pontevedra.

Gonzalo Trenor López

Naceu en Ribadeo no ano  1977. Licenciado en dirección e administración de empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director de Renta4 A Coruña e xestor de Patrimonios do Banco Pastor. Foi director do Plan de desenvolvemento  integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Foi  coordinador da área de Saúde, Calidade de Vida e Medio Ambiente do Consello da Xuventude de Galicia. Foi secretario xeral de Novas Xeracións de Galicia. Vicesecretario da Xunta Local do PP da Coruña.

José Francisco Santos Regueiro
 
Naceu en Cerceda o 31 de decembro do  1963. Enxeñeiro técnico industrial. Candidato do PP no concello de Cerceda nas eleccións municipais de 2011. Portavoz do PP en Cerceda.

Javier Dorado Soto

Naceu en Vigo en 1988. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Posgrao en licitacións internacionais e organismos multilaterais. Presidente de NNXX de Galicia e secretario de Nuevas Generaciones, membro do Comité Executivo Nacional do PP e do  Comité de Dirección do PPdeG.

Sociedade