Tres orquestras arrufarán a festa do Lisco en Perlío

Tres orquestras arrufarán a festa do Lisco en Perlío

13 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con bo tempo vai discurrir a festa en Perlío (Fene). As orquestras Príncipes, Players e Panamá animarán esta noite, baixo unha carpa, a Festa do Lisco de Perlío. Ao longo da noite, dende as 9, serviránse liscos con chourizos por 10 euros a ración.

A policía local informou do corte de tráfico e prohibición de aparcar en parte da Avda do Tarrío e nas rúas que circundan a pista do CCRD de Perlío. O corte empezará a partires das 15h da tarde e rematará mañá á mesma hora. A Festa do lisco servirá ás orquestras convidadas para presentar os espectáculos musicais que preparan de cara ao verán.

Sociedade