Tres puntos máis

Tres puntos máis
10 de Febreiro, 2026 - 02:40 h. | Publicada por Radio Fene

Outra xornada con motivos para a celebración nos Pinares. Na Terceira División Galega do fútbol feminino Perlío 2-0 Discalzas. Un moi bo partido fronte a un rival difícil, comenta a delegada do equipo, Conchi López.

ESCOITA O PODCAST:

“Dominou o Perlío, marcamos dous pero tivemos máis ocasións”, relata Conchi López. Marcaron Uxía e Sofía. “Creo que fomos superiores en todo momento,  era un rival difícil, pero saíron moi serias, traballando moi ben todo o equipo”.

Deportes

Publica o teu comentario agora