Tres segundos valiosos

Tres segundos valiosos
01 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na época das présas e a sobre-información cada vez é máis complicado lograr que nos fagan caso. Por iso, cada vez é máis importante saber como atraer a atención dos nosos interlocutores. Por exemplo, nunha entrevista de traballo ou mesmo nunha cita romántica. Elevator Pitch. Unha conversación de ascensor. Así lle chaman a unha ferramenta que vén do marketing da que falou en Radio Fene o psicólogo José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Tres segundos é o tempo que temos para asegurar que captamos a atención dunha persoa. Calcúlase que nos últimos 20 anos perdemos un 70% de capacidade atencional. Pasou de 150 segundos a 45. É un dos efectos das redes sociais. Unha presentación que debe ser clara, concisa e breve, sinalou Barcia Tuccelli.  Hai que parecer naturais e nada mellor que telo preparado e mesmo ensaiado. Non hai que dar demasiada información, nin sobrecargar de detalles, recomenda o psicólogo.

 

Imaxe da Andaina Por máis vida. Fene 2023.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora