Tres Tragos

Tres Tragos
24 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

LODE acaba de presentar un adianto do seu próximo EP. “Tres Tragos” é o título dun tema que trata dun des-encontro amoroso,  de xeito festivo, cun toque de cumbia, segundo contou en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Ser constante, un punto de entretemento á música e darlle participación á xente, que entre a xogar co tema e mesmo poida ser artífice das próximas letras”. Son algunhas das claves do éxito de LODE, segundo revelou. O cantante e bailarín de Narón, é un dos artistas galegos con maior repercusión nas redes sociais. Acadou máis de medio millón de escoitas cos seus temas en 2023.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora