ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Localizados restos de tres vítimas da represión franquista na foxa de Serantes, en Ferrol, onde se pensa que foron asasinadas arredor de 200 persoas. Esta mañá informaron dos primeiros resultados das catas arqueolóxicas no cemiterio de Serantes os investigadores que realizan as exhumacións nunha visita que efectuaron ao lugar o presidente da Deputación, a deputada de dereitos civís, e a directora xeral de Atención ás Vítimas do Ministerio de Memoria Democrática.

Os traballos arqueolóxicos que se están a desenvolver na foxa común do cemiterio de Serantes permitiron localizar os primeiros tres corpos con “evidentes signos de violencia extrema” e “posicionados de maneira irregular”. Os primeiros traballos no cemiterio ferrolán confirman a existencia de restos superpostos nunha foxa estreita e sen alterar. A cata de comprobación permitiu localizar as tres primeiras persoas, atopáronse extremidades superiores superpostas e verificouse que a foxa continúa a máis de un metro e medio de profundidade.
O decano da Facultade de Xeografía e Historia, Antonio Míguez, sinalou que as investigacións confirman a magnitude dos crimes cometidos neste enclave: “Hoxe estamos case seguros de que son arredor de 200 persoas asasinadas aquí, e iso dinos que estamos nun lugar no cal se produciu unha masacre e que as persoas que o fixeron non enterraron dunha maneira normal, senón algo máis parecido a ocultalas”.
Nos vindeiros días comezarán os estudos antropolóxicos e xenéticos para identificar ás vítimas. A iniciativa, impulsada pola Deputación en colaboración co grupo HISTAGRA da Universidade de Santigo de Compostela está financiada polo Goberno. Ten como principal obxectivo a exhumación, identificación e devolución dos corpos alí enterrados ás súas familias.
Publica o teu comentario agora