Tres valiosos puntos

Tres valiosos puntos
04 de Marzo, 2025 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cita en Dumbría para o Maniños feminino. A xornada 22 da Segunda División Galega disputarase o domingo, día 9, ás catro e media da tarde. O Dumbría é oitavo con 37 puntos. O Maniños con 17 puntos é decimo terceiro. Na ida os dous equipos empataron a tres no Pote.

ESCOITA O PODCAST:

“Moi importantes os tres puntos e dependen de nós”, comenta a adestradora do Maniños, Noelia Leiras. “Vimos dunha semana de descanso que nos veu moi ben e visitamos ao Dumbría, un equipo bastante duro que vai riba da táboa”. O Maniños loita por manterse na categoría, obxectivo que ten ao alcance. “O equipo sairá a por todas, está moi ilusionado, con moitas ganas, esperemos que poidamos ter a alegría dos tres puntos que serían fenomenal”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora