Treze trazos

Treze trazos
11 de Agosto, 2023 - 09:44 h. | Publicada por Radio Fene

Rubén Paz "Treze trazos" é un dos artistas participantes no Perla Mural Fest, homenaxe a sala Perla de Perlío, un local de baile de gran capacidade que funcionou entre os anos 1960 e 1974. Ana Kiro, Os Tamara con Pucho Boedo, Luis Aguilé, Julio Iglesias, Miguel Rios e Karina foron algúns dos artistas que pasaron pola sala xestionada por Juan Vicente Veiga Rivera. Entre 1974 e 1983 funcionou o "Perla novo" construido no Ameneiral. 

Fotografía Xan Xe

En homenaxe ao Perla, tres grandes murais xa decoran fachadas de Fene. A de Treze Trazos representa unha rapaza cun violín na rúa Travesa. Virginia Bersabé escolleu a rúa Santa Olaia e Hugo Lomas (Sfhir) a rúa da Fraga. Todo finalizará mañá cun festival musical no Círculo de Perlío. Ás 13,30 sesión vermú con Los Junkos. Desde as oito da tarde o artista Carlos Sardiña realizará caricaturas aos que se acheguen polo local da entidade. As nove da noite comezará un festival rock con Sintrom ni Son. 

 

 

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora