Triángulo protector

Fortalezas defensivas
27 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tres castelos levantáronse para protexer a prezada ría de Ferrol dos ataques de exércitos inimigos. San Felipe, A Palma e San Martín. Tres fortalezas defensivas das que nos deu información a guía turística Estefanía Purriños.

ESCOITA O PODCAST:

“Os tres castelos formaban o chamado triángulo de lume, situado á entrada da ría de Ferrol. Atribúese ó Almirante Pitt a frase que di que se Gran Bretaña tivera unha ría como esta, cos seus castelos, protexeríana cunha muralla de prata”, explicounos Estefanía Purriños. As fortalezas demostraron a súa eficacia contra os ataques en varias ocasións. Intentárono os franceses no 1693 baixo o mando do Almirante Henri D`Escobleau de Sourtis, pero foron rexeitadas con facilidade. No 1800, o 26 de agosto, tentárono os ingleses, ó mando do Xeneral Pultney, desembarcando nas praias de Doniños e San Xurxo, co obxectivo de arrasar o Arsenal da Marina, pero tódolos ataques foron rexeitados, retirándose ós Altos de Brión, onde se culminou coa vitoria española.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora