Tributo a Juan Pardo

Tributo a Juan Pardo
08 de Xuño, 2021 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

“Homenaje”. Chámase así o disco que o músico ferrolán Lázaro prepara como tributo a Juan Pardo. No disco inclúense temas para todos os públicos, en castelán e en galego. Entre eles A Charanga, Que yo deje de quererte e Dinguillidán, segundo explicou Lázaro esta mañá en Radio Fene. Carlos Manteiga dirixe as gravacións do disco no seu estudio na Coruña. Quedarán sobre dúas ou tres semanas para a gravación, antes de remasterizalo. 

ESCOITA O PODCAST:
Lázaro Arribe en Radio Fene Radiofusión

Lázaro intentará coñecer en persoa a Juan Pardo antes de editar o disco. Esta semana quedou xa coa súa familia. A resposta foi boa. Lázaro leva máis de 30 anos nas orquestras. “Para min Juan Pardo foi un adiantado aos seus tempos, nos anos 70 xa facía ritmos que están agora de actualidade” conclúe o músico ferrolán, que conta con ter a finais de xullo ou comezos de agosto o disco “Homenaje”.
 

Cultura

Publica o teu comentario agora