ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O grupo musical Trikitrí animará o venres o mercado sostible nocturno de Valdoviño. A banda gañou o concurso Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira en 2022. Está integrada por Alberto Romero coa guitarra acústica, Oscar Painceiras na percusión, Alberto Maceiras coa gaita electrónica e Oscar Alfonso na trikitixa.

Valdoviño prepárase para vivir este venres unha nova edición, a sétima, do seu Mercado sostible. A cita, na súa versión nocturna, reunirá na Porta do Sol a un total de 16 postos de exposición e venda de produto artesán, ecolóxico e de proximidade e contará con actividades paralelas e concertos de música de raíz para animar a velada.
Desta volta, o certame arrincará ás 19:00 horas e se prolongará ata entrada xa a madrugada, cunha oferta na que haberá, como sempre, variedade de sectores. Así, quen se chegue atopará stands de alimentación, de moda, de complementos, de cerámica, ilustracións…
Entre as firmas confirmadas figuran as locais Conservas Ay! Carmen, Mai estudio cerámica ou Frutín co seu iogur xeado, elaborado con froita da zona. Propostas que, sen dúbida, engaden valor a proximidade a unha iniciativa que, nos últimos anos, conseguiu o favor do público.
Peza clave son tamén os concertos. A programación inclúe, a partir das 21:00 horas, a actuación do grupo fenés Trikitrí e a das Catareiras a Algarabía de Lago, sons tradicionais que animarán esta cita, que conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua.
Finalmente, na cita non faltarán nin o punto de intercambio de libros nin o espazo de xogos infantil e, co obxectivo de dinamizar as ventas, agasallaranse flocos á clientela que gaste máis de 10 euros en compras.
Publica o teu comentario agora