Trinta anos de rap, 19 anos de Aíd

Trinta anos de rap, 19 anos de Aíd

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A historia rap, a crónica entre falada e cantada das cidades, a dicción e a música sincopada nada entre o cemento, os bancos dos parques e a polución, cumpre 30 anos. Agromou nos Estados Unidos, fogar das maiores metrópoles do mundo e, coa progresiva expansión das áreas urbanas galegas non era sen tempo que Galicia tivese unha escena hip-hop de seu. A máis nova entre as "reporteiras musicais" procede da gran urbe industrial galega, Vi

A campaña promocional de Aída Alonso, Aíd na linguaxe hip-hop, afirma que “non é a típica rapeira”. Hai motivos para o eslogan. As súas miras abranguen máis aló dos ‘loops’ e o ‘scratch’. Na producción de El Puto Coke albíscase o gusto de Aíd polo funk, o jazz e o soul, asi como o respecto pola vella escola e o maxisterio dos maiores: Delasoul, Nas, Ice Cube ou Bustha Rhymes.

O primeiro disco de Aíd estará nas tendas o día 9 de febreiro e ten por título “Jugando”. Canda os ‘b-boys’ Inthecisos crew, presenta as súas rimas en galego e castelán o venres 13 na sala La Iguana da cidade olívica.

Cultura