ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Novo logro dos deportistas de Fene Edgar Vigo e Fátima Ameneiro que veñen de proclamarse subcampións no Rally de Asia Pacífico. Felicitamos ao piloto Edgar Vigo.

Un gran éxito que sumar na carreira de Edgar Vigo e Fátima Amenteiro. Satisfeito polo subcampionato do FIA Asia Pacific Rally Championship, Edgar lamenta non ter competido na China, onde foi cancelada a última proba dun campionato moi duro que os levou a correr en Nova Zelandia, India e Indonesia. Foi unha tempada dura tecnicamente, tamén polo custe de competir na outra punta do planeta e polo choque cultural pero os deportistas feneses sumaron un novo logro para o automobilismo galego. Agora están ocupados na preparación do Slalon Scratch Fene que se disputará en novembro en San Valentín.
Publica o teu comentario agora