Trofeo de fútbol Concello de Fene

Trofeo de fútbol Concello de Fene
21 de Agosto, 2026 - 09:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Campo Municipal Os Pinares (Perlío) converterase este sábado 22 de agosto no escenario da terceira edición do Trofeo de Fútbol Concello de Fene. A competición, concibida como un triangular amigable de pretempada, reunirá ás tres entidades deportivas de referencia do municipio: o Cultural Maniños SD, o CCRD Perlío e a SD Barallobre. As actividades darán comezo ás 18:30 horas e a xornada contará con acceso de balde. 

ESCOITA O PODCAST:

A concelleira de Deportes de Fene Alba García Fariña fala do Trofeo triangular:

>https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/210826GARCIA.mp3

Fotografia Xan Xe

O primeiro campo de fútbol de Fene habilitouse na zona da Xunqueira en San Valentin. Joaquin Perez Dominguez,  que fora xogador do Atlético de Madrid, preparou o campo que se inaugurou en xuño de 1920. Semanas despois disputouse no campo un partido entre o Fene Sport club e o Racing de Ferrol. Eran anos de emigración en Fene  pero tamén de retorno. O pai de Joaquin Pérez emigrara a Cuba de onde volveu con cartos e levantou o edificio que actualmente acolle a gasolineira de Fene. Tamén neses primeiros anos do século vinte, os emigrantes de Fene en América xuntaron cartos para erguer as escolas Concepción Arenal de Fene e Curros Enriquez de Maniños. A educación era e posiblemente segue a ser, a chave do progreso.

 

 

 

Na imaxe partido Perlío - Maniños na Copa da ría

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora