ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Volta un novo Venrespirar á cidade das Burgas. Unha festa tradicional itinerante para xuntarse a troulear os derradeiros venres de cada mes. Organizada polas asociacións culturais Algaravía e AOFT- Gomes Mouro co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, mañá ás 22:30 horas, celébrase unha nove edición na Praza de San Marcial.
Por oitavo ano consecutivo o baile e a música tradicional ocupan unha praza o último venres de cada mes, nesta edición a xuntanza será na Praza de san Marcial coa colaboración da Cervexería Grándola, a partir das 22.30h.
Guiará o baile o coruñés Xurxo Fernández, habitual dos seráns que se celebran por toda a nosa xeografía e profesor de baile tradicional.
A música virá da man do Cuarteto Mildeu, Candarira e Gomes Mouro. A festa está asegurada e aberta a todas as persoas que se queiran achegar.