Trunfar sen esforzo

Trunfar sen esforzo
28 de Marzo, 2021 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vilanova fala do cotilleo, dos reality shows e das consecuencias da súa ensinanza; sen esforzo podes trunfar.

ESCOITA O PODCAST:

O actor Javier Gutiérrez foi valente e expresou o seu sentir contrario aos reality show da televisión. Tivo críticas en contra pero tamén hai que está totalmente dacordo con el. No programa Vilanova, o psicólogo José Barcia fala do cotilleo e das consecuencias sociais e educativas deste tipo de programas.

“Partimos de que a xente pode ocupar o seu tempo de ocio como estime máis oportuno” afirma Barcia, pero ten que saber que as consecuencias non son as mesmas se ocupamos o tempo na lectura, no deporte ou indo ao teatro. O cotilleo, falar dos demais, empezou na aldea, seguiu nas revistas do corazón e agora en determinados programas de televisión. Hai que saber que participar nun destes programas é para os aspirantes a mellor maneira de facerse famosos sen necesidade de currículum algún. Normalmente son persoas sen oficio nin beneficio que se abren camiño fácil, tamén económico, neste tipo de programas. “E precisamente, os personaxes máis conflitivos, maleducados, etc, son os que van trunfar, porque dan xogo e dan audiencia” conclúe Barcia.

É como a pescada que se morde a cola. Hai xente para ese tipo de programas porque hai programas que buscan este tipo de xente. As consecuencias para un adulto son dunha pobreza cultural evidente pero, para as crianzas, as consecuencias son peores, un referente a imitar que lle está dicindo que: “ sen esforzo podes trunfar”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora