ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Celebrarase este domingo 29 de agosto na localidade lucense de Incio. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
As actividades comezarán pola mañá coa actuación da murga tradicional Os Campantes da Baña, que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará arrufada pola murga e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.
Pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá, que nos presenta o rock galego máis irreverente e divertido do momento. En palabras de Luís Pombo, un dos organizadores, “ano tras ano o festival procura actividades e actuacións para todos os gustos, para a xente nova e para os que vivimos unha segunda xuventude”.
O Festival está organizado pola Asociación Cultural Terra Brava, e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Xacobeo 2010.