Turgalicia...camiño do Xacobeo 2010

Turgalicia...camiño do Xacobeo 2010

07 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nesta época de crise, Turgalicia pretende intensificar a promoción, segundo afirma o xerente da sociedade pública, Xesús Pereira. Con ese obxectivo, os seus orzamentos increméntanse este ano nun 9%.

Turgalicia en combinación co Xacobeo prepara unha programación potente que realce dende este mesmo ano o Xacobeo 2010. Entre os eventos previstos sobrancea o concerto de Bruce Sprinsteen o 2 de agosto no Monte do Gozo en Santiago de Compostela. Trátase de lanzar a marca Galicia, como sinala o xerente desta empresa pública, Xesús Pereira.

Turgalicia iniciou o seu calendario promocional coa presenza en Fitur, a feira internacional do turismo en Madrid. Unha feira moi dinámica na que Galicia estivo á altura das circunstancias cun stand de calidade que se utilizará tamén para a presenza noutros eventos ao longo do ano.

Sociedade