Turismo gastronómico

Turismo gastronómico
09 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Bos produtos dos que presumir. Ese é o reclamo das numerosas festas e feiras gastronómicas que hai no país durante todo o ano. A técnica en Turismo Estefanía Purriños comentou en Radio Fene o calendario de festas para gozar da gastronomía en Ferrolterra, Eume e Ortegal.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Dende febreiro ata decembro temos onde elixir, diferentes produtos e diferentes tipos de degustacións”, lembrou Estefanía. Grelos para o cocido, unha verdura pola que devecemos os galegos, orella de porco, carne de poldro, callos, polbo, pemento, percebes, sardiña lañada, queixo e requeixo, pan, fungos e cogomelos, mel e mazá. E, para que non falte a bebida, tamén cervexa artesá. Todos eses manxares podemos saborear de feira en feira sen saír da comarca.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora