Turistas e peregrinos

Turistas e peregrinos
08 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Un milleiro de persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo de Fene. “O Museo do Humor é o que máis lles sorprende dos nosos recursos turísticos”. Fixemos balance da temporada turística en Radio Fene con Estefanía Purriños, que ademais de atender aos visitantes tamén difundiu os recursos de Fene na feira Primavera no Camiño, celebrada en Abegondo, e en Equiocio.

 

ESCOITA O PODCAST:

A maioría dos viaxeiros que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo foron peregrinos e soen facer a etapa Ferrol-Pontedeume nun so día, segundo nos contou Estefanía. Dos visitantes estranxeiros, o maior número vén de Italia. Tamén de Hong Kong, Irlanda e ata de Ucraína pasaron polas instalacións de Turismo. E de Nevada (Estados Unidos) unha familia con raíces na contorna. “Os avós eran de Narón e xa de paso visitaron a contorna”. Tratando con tanta xente e tan diferente Estefanía acumula un bo feixe de anécdotas. Houbo quen lle preguntou se dentro da Catedral de Santiago hai albergue para pasar a noite e tamén se viu obrigada a disuadir a peregrinos que, guiados polas aplicacións móbiles, planeaban chegar de Neda a Pontedeume camiñando pola Nacional 631, sen ter en conta que o Camiño ten un trazado menos perigoso.

Institucional

Publica o teu comentario agora