ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Vai en aumento o número de persoas que se aloxan en Fene para visitar a contorna. Unha tendencia que observou este verán a responsable da Oficina Municipal de Turismo de Fene, Estefanía Purriños, que fixo balance duns intensos meses de traballo logo de rematar a temporada.
Tamén este verán o 90% dos visitantes que pasaron por Fene foron peregrinos, pero nótase que vai crecendo tamén o número de turistas. “Ano tras ano vaise ampliando a oferta de aloxamento e vai crecendo a sente que se establece aquí como base para coñecer outros lugares”, indicou a técnica de Turismo. Madrileños, cataláns, valencianos e andaluces, son maioría entre os españois, tanto facendo o Camiño Inglés a Santiago de Compostela, como para coñecer a zona. Do estranxeiro, os máis numerosos son os italianos, pero este ano tamén pasaron pola Oficina de Turismo de Fene persoas chegadas de Taiwán, China, Corea do Sur, Porto Rico, Sudáfrica, Nova Zelandia e os Estados Unidos.
Publica o teu comentario agora