A UDC abre as Xornadas de Língua e Teatro

A UDC abre as Xornadas de Língua e Teatro

26 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, inaugurará o mércores, 27 de novembro, ás 10:00 horas as X Xornadas sobre lingua e usos: lingua e teatro que se desenvolverán ata o venres no salón de graos da Facultade de Filoloxía, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da UDC coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Xunto co reitor estarán o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, a decana da Facultade, María Jesús Lorenzo, o secretario Xeral da Universidade, Carlos Amoedo, e o director do Servizo de Normalización Lingüística, Xosé Ramón Freixeiro.

Logo da inauguración, a profesora Laura Tato impartirá a conferencia inaugural “A lingua na construción dun teatro nacional galego”. O programa das xornadas alternará as conferencias coas mesas redondas e as funcións teatrais. Pola Facultade pasarán Cándido Pazó, Ana Romaní, Rubén Ruibal, Roberto Vilar, Isabel Risco, Camila Bossa, entre outros relatores.

Sociedade