ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña organiza un ciclo de conferencias de carácter divulgativo sobre os traballos dos gañadores dos Premios Nobel 2014. O ciclo está dirixido ao público en xeral e pretende dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que se fixeron merecedoras de tal mérito. Para isto contarase coa participación de profesores da UDC que acercarán ó coñecemento xerad
Programa
Premio Nobel de Física 2014: Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, polos seus avances no desenvolvemento das luces Led. Relator: Óscar Cabeza Gras, Grupo de investigación Mesturas, Departamento de Física da UDC. Venres, 20 de febreiro.
Premio Nobel de Medicina 2014: John O´Keefe, May-Britt Moser e Eduard I. Moser, polos seus descubrimentos sobre a representación espacial no cerebro. Relator: Casto Rivadulla Fernández, Grupo de investigación Neurocom, Departamento de Medicina da UDC Venres, 27 de febreiro.
Premio Nobel da Paz 2014: Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, polos seus aportes á defensa dos dereitos humanos. Relator: José Antonio Seoane, Grupo de investigación de Filosofía, Constitución e Racionalidade da Facultade de Dereito da UDC, Director da Aula Fundación Paideia-UDC. Venres, 6 de marzo.
Premio Nobel de Literatura 2014: Patrick Modiano, pola súa obra centrada en temas como a memoria, a identidade e a culpa. Relatora: Mercedes Regueiro Diehl. Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC. Venres, 13 de marzo.
Premio Nobel de Economía 2014: Jean Tirole, polas súas investigacións sobre o poder e a regulación do mercado. Relator: J. Andrés Faíña Medín. Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento, Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da UDC. Martes, 17 de marzo.
Premio Nobel de Química 2014: Eric Betzig, William Moerner e Stefan Hell, polo desenvolvemento de novos métodos para que os microscopios poidan ver detalles máis pequenos. Relator: Julián Yáñez Sánchez. Grupo de investigación Neurover, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular. Facultade de Ciencias da UDC. Venres, 20 de marzo.