A UDC reivindica ás mulleres que fan ciencia

A UDC reivindica ás mulleres que fan ciencia

23 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña lanza a campaña Día d@ Científic@ Galeg@, escrito desta maneira, con arrobas, que leven á reflexión sobre a necesidade de incluír as mulleres cando se fala de ciencia e tecnoloxía. A campaña preséntase con motivo do Día do Científico Galego, que organiza o 23 de abril a Real Academia Galega da Ciencia, á que moitas mulleres que traballan na ciencia

As unidades de igualdade das tres universidades galegas enviaron o ano pasado ao presidente da RAGC unha carta que non tivo resposta, aínda que celebran o nomeamento este ano da primeira muller académica que, pensan, en algunha medida podería ser consecuencia daquela carta.

A campaña deste ano consta dun cartel encabezado como Día d@ científic@ galeg@, composto por unha escolma das fotos que se presentaron ao I Concurso fotográfico Rosalind Franklin “As mulleres na ciencia e na tecnoloxía”, promovido pola OIX para visibilizar o papel das mulleres neses ámbitos. Con este cartel buscan suxerirlle á Real Academia Galega da Ciencia que modifique o nome da efeméride, de xeito que se recoñeza  ás numerosas científicas galegas, que sen dúbida tamén serán premiadas algún día e ás que compre visibilizar para fomentar deste xeito modelos de mulleres lonxe dos estereotipos creados.

 

Sociedade