Ugía Pedreira e Sés, xuntas en Ribadeo

Ugía Pedreira e Sés, xuntas en Ribadeo

09 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Sés e Ugia Pedreira, xuntas no IV Concerto Músicas e Letras en Feminino, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en Ribadeo. Será o venres 12 de setembro ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade seguen apostando, con este tipo de actividades, por valorar e visibilizar a creación artística das nosas mulleres. Con esta cuarta edición o Música e Letras en Feminino consolídase

O próximo venres 12 de setembro terá lugar, ás 21.00h no Cine-Teatro de Ribadeo, o IV CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO. O evento, que xa vai pola súa cuarta edición e que se está a consolidar como unha das citas culturais anuais máis agardada nesta época do ano na Mariña, segue apostando pola promoción da creación artística das mulleres galegas.

Se nas pasadas edicións, celebradas en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, contouse con grandes da música galega como Ugia Pedreira, Uxía e Sés respectivamente, para este IV concerto teremos a sorte de voler ver sobre o escenario a dúas das artistas coas que contamos en anteriores edicións: Ugía Pedreira e Sés. O evento será tamén unha das últimas oportunidades de ver en directo á mariñá Ugia Pedreira, que anunciou que se despide dos escenarios despois do verán.

Ademais de Ugia Pedreira e Sés, entre as actuacións musicais haberá tempo neste IV Músicas e Letras en Feminino para un recital poético a cargo de alumnas do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo, que lerán diferentes textos de poetas galegas e mariñás.

O prezo xeral do bono-axuda-entrada será de 5 euros e ante o número de chamadas e mensaxes recibidos estes días preguntando polos mesmos, sobre todo de xente de fóra da Mariña que quere achegarse ao concerto, o Observatorio  decidiu facer reserva de entradas unicamente a través do mail observatorioigualdade@gmail.com  até o propio venres 12 ás 12h. Ademáis, o propio día do concerto tamén se poderán adquirir bono-axuda-entrada na propia billeteira desde unha hora antes do concerto.

 

Sociedade