Ule a herba recén cortada

Ule a herba recén cortada
01 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

A radio local e comunitaria comeza unha campaña contra o racismo e os delitos de odio. Coa etiqueta #Rlc faise fincapé na integración de todo tipo de colectivos que facilitan a maioría das pequenas radios, aquelas que "ulen a herba recén cortada" como dicía Jesús Quintero "El loco de la colina". Todas as emisoras municipais galegas, as andaluzas e as radios comunitarias lanzarán as súas mensaxes en favor da integración e dos dereitos humanos entre o 1 e o 7 de setembro. A campaña terá tamén eco nas redes sociais das radios locais e comunitarias.

Reunión de radios. Onda Ods. Xuño 2025

Hai delitos de odio e agresións invisibilizadas que se producen en traballos de axuda no fogar ou no campo. En moitas veces non se traducen en denuncias, indica Ana Santiago nunha reportaxe realizada arredor deste tema

Sociedade

Publica o teu comentario agora