ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Rematado o Nadal, a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, expresou a súa satisfacción polo éxito das iniciativas de dinamización impulsadas polo Concello de Fene durante estas datas. Tanto a festa de Fin de Ano como o Concurso de decoración de vivendas e negocios.

Barallobre, Sillobre e San Valentín poden presumir de ser as parroquias coas vivendas con decoración máis atractiva durante o Nadal. En Fene está o establecemento que gañou o primeiro concurso de escaparatismo. O Baúl de Bego destacou pola súa orixinalidade. A concelleira de Promoción Económica avanzou que o ano que vén o Concello valorará a posibilidade de premiar a toda unha comunidade, polo moito que lle gustou ao xurado a decoración do edificio no que vive Mari Carmen Acedo Dopico, quen gañou nas modalidades de portais e de fachadas, balcóns e xanelas. Lorena Breijo González volveu gañar este ano a modalidade de vivendas unifamiliares cunha decoración moi atractiva. O xurado tamén acordou conceder unha mención especial a Ángela Reis Raimunde, de San Valentín, en recoñecemento á tradición, ao esforzo e á singularidade da súa decoración.
Moita festa
A entrega dos premio foi a véspera de Reis, despois da Cabalgata. Uns días antes, puidemos festexar a entrada no ano 2026 entre veciños. O frío non puido coa festa. “Cando cheguei a carpa xa estaba chea”, sinalou a concelleira Ángeles Coira, que destaca o “ambiente san” e a actuación da orquestra “foi espléndida, moi animados”.
Publica o teu comentario agora