Un abril de tapas

Un abril de tapas
23 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Oito establecementos de Fene participan no Decimo quinto Concurso de Tapas organizado polo Concello. O Pachamama ofrecerá biquini de carrilleira ao Pedro Ximenez, o Círculo de Fene tortilla de grelos con chourizo, o Son de Cociña tricolor con chips de guanciale e, o Lembranza Mare Crocante. Tamén participaran o  Bombay con Buñuelos de cocido, a cantina do Pote con tortilla de bacallau con algas, o Arrecendo co Samporiña o o Torreón coa Piruleta Torreón. 

Tronco de terra, mar e aire. Cafetería Pachamama

Poden degustarse as tapas ao prezo de 2,50 euros entre o catro e o trece de abril, os venres de oito a dez, os sábados de unha a tres e de oito a dez e os domingos de unha a tres. Haberá premios para a clientela e máis para os establecementos.
 

 

Na imaxe a tapa gañadora en edicións anteriores, presentada polo Pachamama.

Cultura

Publica o teu comentario agora