ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Casa da Cultura de Fene acollerá esta tarde a presentación do documental “A rebelión da Lectura”. Conversamos en Radio Fene con Alma Alonso, unha das directoras do documental que conmemora os vinte anos do proxecto Espazo Lectura. Nese tempo “foi creando comunidade no concello e espallando o gusto pola lectura”.

“A lectura tamén é un acto de rebeldía”, destaca Alma Alonso que co-dirixiu con Asun G. Losada a película documental “A rebelión da lectura”. As dúas explicarán ao público que acuda ás 18 horas á Casa da Cultura de Fene o proxecto de animación á lectura en lingua galega que se desenvolve en Gondomar, na comarca pontevedresa do Val Miñor. Comezou funcionar no 2006, ten unha rede de voluntariado formado por unhas 40 persoas. “Un dos piares é crear comunidade, tecer rede, a partir dos libros, non é só ler, senón ler colectivamente”, explicou Alma Alonso.
Publica o teu comentario agora