Un agasallo de Nadal que fala de amistade

Bodegas Barral elabora caixas-regalo á carta
16 de Decembro, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

En Bodegas Barral están preparados para afrontar o Nadal máis amistoso. Se non podemos xuntarnos, cando menos agasallarnos. Os paquetes- regalo que preparan á carta están cheos de productos de cercanía e calidade.

ESCOITA O PODCAST:

Bodegas Barral é un establecemento ubicado na rúa Penedo en Barallobre (Fene) onde podemos atopar os viños máis prestixiosos, tanto galegos como Rioja ou Ribera del Duero. Tamén licores e cervexas como a especial de Nadal de Estrella Galicia. Dun tempo a esta parte foi medrando alí unha oferta de produtos gourmet para completar cos caldos. E cada vez son máis os produtos de fábricas locais os escollidos. Manuel Domínguez fálanos das Maruxas de San Sadurniño, as marmeladas de Arela en Pontedeume, os fuets da Serra de Outes ou os queixos de Queixerías do Eume. Pódense mercar por separado, pero o máis novidoso e demandado en Bodegas Barral son os paquetes- regalo que preparan á carta e onde o cliente pode escoller formato, contido e prezo. Normalmente conteñen viño e licor máis cinco ou seis productos.

Pedímoslle a Manuel Domínguez que faga un paquete ou cesta para nós por un prezo entre 20 ou 25 euros. E este é o resultado; levaría unha botella de albariño e outra de mencía, un queixiño do Eume, chourizo de Serra de Outes, unha caixa de Maruxas e un bote de marmelada. En Bodegas Barral teñen un convenio con Queixerías do Eume polo que tamén sirven caixas de madeira que combinan ao gusto do cliente varios queixos, afumado, tenro ou tetilla, con pezas enteiras ou medias.

Pensando nas nosas mesas para estas festas ou pensando nun bo agasallo de Nadal, veunos á cabeza esta alternativa que será seguro ben agradecida polos receptores. Contribuímos coa oferta local e recibimos calidade. Na tenda física de Bodegas Barral atenden de luns a venres en horario de 9 a 13.30h e de 16 a 20h. Os sábados abren de 10 a 14h. A través das redes sociais de Bodegas Barral pódense xestionar os pedidos. A punto está de por en marcha unha tenda online bodegasbarral.com onde poderemos mercar igual que na tenda de Barallobre. Por problemas técnicos aínda non abriu pero vaino facer antes de fin de ano, asegura Manuel Domínguez.

Cultura

Publica o teu comentario agora